Composición
A
Revolución Industrial iniciada en Inglaterra a finais do século
XVIII trouxo consigo o nacemento dunha nova clase social: os
obreiros, os cales Marx bautizou co nome de “proletariado”. Estes
obreiros eran os asalariados que traballaban nas fábricas dos
empresarios nunhas condicións laboráis próximas á explotación:
longas xornadas laboráis, en lugares de traballo totalmente insanos,
sen seguros nin salarios mínimos e con despidos improcedentes.
Cómpre destacar tamén o papel da burguesía, a cal vivía a costa
do esforzo dos obreiros, mentres estes sufrían unhas condicións de
auténtica miseria. Esta revolución obreira trasladouse a España
iniciándose en Cataluña nas décadas de 1830 e 1840 destacando a
súa presenza nas zonas industriais. En poucos anos e, ante as
condicións de vida e traballo do sector obreiro comezou o que se
coñece como “movemento obreiro”.
A
primeira reacción do proletariado ante o proceso industrializador
foi o que se deu en chamar ludismo(
movemento obreiro de artesáns ingleses contra a incorporación das
máquinas na industria). Así pois a clase obreira pensou que as
máquinas quitábanlles os postos de traballo aos obreiros, o que deu
lugar a accións violentas nas fábricas co fin de destruír as
máquinas. Así e para ilustrar este feito podemos ver o Doc.
1 no que se conta
como unhas 4000 mulleres arremeteron contra os seus xefes e
destruíron o tabaco en protesta pola a incorporación de novas
máquinas, o que deu lugar a modificación das formas de elaboración.
Como consecuencia disto, as mulleres non se acostumaron ás
máquinas, o que reduciu a produción e por conseguinte o seu
salario. Isto sucedeu en 1857 pero xa antes houbera feitos similares
en varias cidades españolas.
Estes ataques cara ás fábricas a mans
dos obreiros só durou uns anos porque se deron conta de que o
verdadeiro inimigo da clase obreira eran os patróns, que non
repartían de forma equitativa os beneficios das empresas. Así pois
comezaron a xurdir asociacións obreiras clandestinas. Pouco a pouco
estas organizacións van evolucionando e tendo certa influencia e
cara a década de 1840 aparecen as primeiras organizacións de
carácter sindical. Nun principio este tipo de asociación estaban
prohibidas. Como vemos no Doc.2
os obreiros queixábanse dos baixos salarios, do traballo feminino e
infantil e das duras condicións de vida que soportaban. Así pois no
xornal “El Eco de la Clase Obrera” fan unha petición ás Cortes
do Bienio Progresista, pedindo o dereito de asociarse para
reivindicar melloras laborais. Pero ante a pasividade do Goberno, en
1855, ten lugar en Barcelona a primeira folga importante en
España,porén o dereito de asociación non sería recoñecido ata
1887 baixo o goberno do liberal Sagasta.
O sindicalismo seguiu
espallándose. A Constitución de 1869 contemplaba coma un dereito
recoñecido a posibilidade de asociarse, e isto permitirá a chegada
a España das ideas anarquistas introducidas en España por Fanelli,
quen tamén incorporou na sociedade española os principios da 1ª
Internacional. Coa influencia da corrente marxista, creouse a
Asociación
Internacional de Traballadores,
que pretendía ser o referente internacional das organizacións
obreiras para posibilitar unha acción coordinada. Pero como vemos no
Doc.3
contou sempre coa oposición dos gobernos e das clases burguesas. O
xornal “La Defensa de la Sociedad”, de corte conservador,
móstranos a alarma que había entorno a esta organización obreira.
Antes de que rematase a represión ideolóxica existiu unha
Federación Regional española a cal se escindiu dando lugar a
creación do PSOE, e posteriormente a formacion do seu sindicato UGT.
O aumento de apoios destas dúas asociación, xunto co apoio da CNT
aumentou a influencia do movemento obreiro, o que supuxo a aprobación
das primeiras leis de protección laboral para mulleres e nenos, e
numerosas reformas das condicións de traballo, como a lei de
descanso dominical, a lei de folgas ou a reducción da xornada
laboral a oito horas. Precisamente a unión destes dous sindicatos
durante a crise de 1917 fixo posible unha folga xeral que rematou co
sistema da Restauración. Como vemos no Doc.
4, pese a súa
rivalidade, a CNT e UGT falan da unificación de forzas nunha loita
común para levar a cabo as reivindicacións obreiras mediante a
folga
. Precisamente o fracaso dalgunhas convocatorias de folga xeral
nesta época debéronse á falta de unidade de acción entre ambas
organizacións. Nos seguintes anos houbo unha espiral de violencia e
asasinatos causados pola actividade sindical, as folgas, os
conflictos sociais e laborais. Os membros máis radicais dos
sindicatos, especialmente da CNT, asasinaban e atentaban contra os
patróns, e estes respondían contratando matóns para asasinar a
líderes obreiros. Por útimo, destacar que moitos dos logros e
vantaxes laborais e sociais das que podemos gozar hoxe, e que moitas
veces pensamos que están ahí dende sempre, non houberan sido
posibles sen o esforzo, as loitas, os conflitos, e tamén o sangue
dos que loitaron pola consecución dos seus dereitos; eso foi o
movemento obreiro.
Comentarios
Publicar un comentario