Composición
A Revolución Industrial iniciada en Inglaterra a finais do século XVIII trouxo consigo o nacemento dunha nova clase social: os obreiros, os cales Marx bautizou co nome de “proletariado”. Estes obreiros eran os asalariados que traballaban nas fábricas dos empresarios nunhas condicións laboráis próximas á explotación: longas xornadas laboráis, en lugares de traballo totalmente insanos, sen seguros nin salarios mínimos e con despidos improcedentes. Cómpre destacar tamén o papel da burguesía, a cal vivía a costa do esforzo dos obreiros, mentres estes sufrían unhas condicións de auténtica miseria. Esta revolución obreira trasladouse a España iniciándose en Cataluña nas décadas de 1830 e 1840 destacando a súa presenza nas zonas industriais. En poucos anos e, ante as condicións de vida e traballo do sector obreiro comezou o que se coñece como “movemento obreiro”. A primeira reacción do proletariado ante o proceso industrializador foi o que se deu en chamar ludismo ( movemento obreiro de ...